O Concello

Departamentos

* O Concurso Letras Galegas de Camariñas xa ten gañadores 20/05/2019

O Concurso Letras Galegas de Camariñas xa ten gañadores

·        Repartíronse máis de 700 euros ao alumnado galardoado nas diferentes categorías no acto que tivo lugar hoxe, venres 17 de maio.  

O Concello de Camariñas organizou, un ano máis, o certame literario Concurso Letras Galegas. Este ano a entrega de premios aos mellores textos tivo lugar hoxe, 17 de maio, día das Letras Galegas. No concurso participaron os alumnos e alumnas de todos os colexios do municipio.   

A Tropa do Doutor Milagre, de Inventi Teatro, foron os encargados de presentar a gala, ao mesmo tempo que a amenizaron cun espectáculo de música, improvisación, xogo e baile.  

O concurso estivo dividido en 6 categorías dependendo das idades e dos textos presentados. A categoría A comprendeu aos alumnos de infantil, que presentaron traballos colectivos. As categorías B (1º ciclo de Primaria), C (2º ciclo), D (3º ciclo), E (1º ciclo da ESO) e F (2º ciclo) tiveron dúas subcategorías: prosa e poesía. Debido ao alto nivel das obras presentadas houbo 5 premios accésit nas categorías C, D, E e F. Repartíronse máis de 700 euros en premios.  

Todos os galardoados recibiron un libro en galego, e os da categoría A levaron a maiores 80 euros para o grupo gañador. Os das categorías B, C e D 30 euros cada premio, e as E e F 80 euros cada premio. Os accésit leváron 15 euros na C e D, e 40 euros na E e F.  

Lista de gañadores e gañadoras  

Lista de gañadores e gañadoras

CATEGORÍA A:
Os nosos pareados
CEIP Ponte do Porto

CATEGORÍA B1 (prosa)
A sardiña Carmiña
Aitor Carril Mouzo

CATEGORÍA B2 (poesía)
Un neno de Camariñas
Leo Suárez López

CATEGORÍA C1(prosa)
As aventuras de Frank
Antón Campos Caramés

CATEGORÍA C2 (poesía)
Santa Mariña
Celia Brión Vecino

CATEGORÍA D1(prosa)
O paraugas máxico
Saray Caamaño Méndez

CATEGORÍA D2(poesía)
E que máis
Elena Formoso Barrientos

CATEGORÍA E1(prosa)
O pociño
Laura Sar Mouzo

CATEGORÍA E2 (poesía)
Non o ves
El Moussaoui, Achraf

CATEGORÍA F1(prosa)
Cinco minutos
Erika Blanco Novegil

CATEGORÍA F2 (poesía)
Un grolo
Iago Xosé Brión Vecino

ACCÉSIT C1(prosa)
A muller dos trapos
Lia Bermúdez Castro

ACCÉSIT C2(poesía) 
O abanico de cores
Iria Vidal Rodríguez

ACCÉSIT D2 (poesía) 
Os gaiteiros
Saray Martínez Insua

ACCÉSIT E2 (poesía) 
A porta
Laura Sar Mouzo

ACCÉSIT F2 (poesía) 
Xusticia
Ainara Pasantes Vila


© by Abertal