O Concello

Departamentos

* O Museo Man de Camelle acolle 3 visións diferentes de ver o mar e a vida cotiá 09/05/2019

O Museo Man de Camelle acolle 3 visións diferentes de ver o mar e a vida cotiá

·        A exposición “Arte + 3 Olladas”, cuxa presentación terá lugar o vindeiro sábado, amosa a obra de Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo.  

O Museo Man de Camelle, sito en Camariñas, acollerá a exposición “Arte + 3 Olladas”, que amosará as obras dos artistas Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo. Arredor de 50 obras que presentarán tres formas de ver a vida cotiá e o mar. A presentación da mostra terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 19:30. A ela acudirán os creadores das pezas que estarán alí expostas. A mostra exhibirá cadros e cadernos de viaxe, entre outros elementos.  

Os tres artistas protagonistas teñen formas de expresión artística ben diferenciadas. Soledad Pite amosa unhas pezas fortemente marcadas pola poesía, unha mestura entre arte gráfico e palabras. Pedro Avila achegarase ao cotiá da vida, cunha obra cargada de significado filosófico, vendo a morte como unha ameazada constante. Por outra banda, María José Pampín aporta unha temática abstracta moi relacionada co mar, cargada de formas e cores potentes que buscan conectar cos sentimentos do espectador. A exposición poderase visitar ata o 30 de xuño.


© by Abertal