1️⃣ Instalación de enerxía solar fotovoltaica e térmica (pellets ou solar)
📅 Prazo: ata o 1 de xullo ou fin de orzamento.
Beneficiarios: particulares, mancomunidades ou comunidades de veciños ou agrupacións.
Tramitación: nas empresas colaboradoras adheridas .
▶️ Subvención: máximo 50%, 50.000 euros para fotovoltaica e 60.000 para térmica.
2️⃣ Vehículos eléctricos, GLP, gas natural, recarga, préstamo de bicis eléctricas
📅 Prazo: dende o 17 de xuño ata o 31 de decembro.
Beneficiarios: particulares, autónomos, persoas xurídicas, comunidades de propietarios, sector público.
Tramitación: nos concesionarios e empresas adheridas .
▶️ Subvención: ata 15.000 euros
ℹ️ Máis información: Área de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas, na Casa de Pedra 📞 981 73 70 04