O Concello

Departamentos

* As colaboracións, unha parte fundamental na XXIX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas 16/04/2019

As colaboracións, unha parte fundamental na XXIX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas

·        Cote du Marais e La Boheme Rose, dúas marcas de nivel nacional, colaboran nas coleccións de Erika Gómez e Claudina Mata. ·       

Victoria Lagoa, da Coruña, aporta o produto da terra.  

A moda non se entende sen os complementos, e viceversa. Son dous elementos que están ‘condenados’ a entenderse eternamente. Nas coleccións da rúbrica das deseñadoras Erika Gómez e Claudina Mata, os tocados estarán moi presentes.  

Victoria Lagoa, coruñesa, fundou hai catro anos ‘La Boheme Rose’, unha marca con identidade propia. Un dos elementos clave do seu traballo son as diademas con plumas, inspiradas no mundo do ballet. A súa máxima é “hacer colecciones para el día más importante en la vida de una mujer”. É a segunda vez que acudirá a Camariñas, xa que participou hai dous anos nun desfile de Noveis Deseñadores, e encántalle o mundo do encaixe, considerando o de Camariñas como “el mejor del mundo”.  

A deseñadora colaborará con Claudina Mata, á que coñeceu por redes sociais. “Es todo un lujo colaborar con ella, porque su estilo es romántico y nos sentimos identificados al cien por cien. Con un diseño clásico pero atemporal”, apuntaba.  

Da Mostra espera “llenarme de tendencias de novia con el mejor encaje del mundo, nutrirme de piezas únicas y disfrutar como ya lo había hecho hace dos años”, esgrimía Victoria.  

Outra das colaboracións das que temos que falar é a de ‘Cote du Marais’, de Silvia García. A deseñadora decidiu emprender e lanzarse ao mundo do calzado infantil. O que sempre quixo ofrecer é un calzado artesanal e ‘handmade’ na Comunidade Valenciana, apoiando así o desenvolvemento local.  

Colaborará con Erika Gómez, de ‘Twin & Chic’, unha das firmas para os máis pequenos que participarán na Mostra nesta edición de 2019. Será o seu primeiro concurso neste evento, do que espera “empaparme al máximo de esta experiencia, disfrutar y aprender un montón del mundo del encaje, que desde siempre me ha fascinado”, declaraba Silvia.

Descargas relacionadas


© by Abertal