O Concello

Departamentos

* MAN, HOME SEN PAZ 01/06/2011

MAN, HOME SEN PAZ

A Asociación Cultural Fuco Buxán comprácese en convidarlle á presentación do documental, e coloquio, que leva por título    

MAN, HOME SEN PAZ,
 - Premio “Mestre Mateo” 2011 -

dirixido por Simón Vázquez sobre un guión de David Formoso xoves, 2 de xuño 2011 ás 20 horas Centro Cultural Carvalho Calero – Ferrol   o retrato máis singular proposto ata agora do alemán de Camelle.

Este traballo súmase a reivindicación do seu legado e da súa memoria desde a súa faceta de artista. Na realización se combinan gravacións de arquivo xunto a testemuñas de especialistas e xentes que o trataron, sen caer na deriva haxiográfica.

A súa ausencia – morreu de pena nos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige – deixou un gran valeiro en Camelle e na arte galega.



Organiza: A.C. Fuco Buxán e Colaboran: Concello de Ferrol-Cultura e A.VV. Ensanche A

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


© by Abertal