O Concello

Departamentos

* Inés Fernández e Lucía de Gustín traerán á Mostra a súa colección de noiva con Encaixe de Camariñas 08/04/2019

Inés Fernández e Lucía de Gustín traerán á Mostra a súa colección de noiva con Encaixe de Camariñas

·        A deseñadora, de Lalacó Atelier, participará por primeira vez neste evento.
·        Participará xunto á Lucía de Gustín, que se encarga dos tocados.  

Inés Fernández e Lucía de Gustín serán outros dos nomes que aportarán ‘sabia nova’ á Mostra do Encaixe de Camariñas para a edición de 2019. As deseñadoras, experta no mundo dos traxes de noiva, participarán por primeira vez neste evento.  
Inés defínese como “una entusiasta de las colecciones de novia, y poder sumar esto al encaje es simplemente espectacular”, destaca Inés. Presentará en Camariñas deseños exclusivos co encaixe, de cores moi pastel e sempre fiel ao estilo Lalacó Atelier.  

O oficio venlle de lonxe. A súa avoa e a súa bisavoa xa tecían. “Siempre estaban cosiendo, y es algo que creo que llevo dentro; he nacido con ello”, apunta a deseñadora.  

Xa de profesional, estivo baixo a tutela de Teresa Palazuelo, unha eminencia no mundo da moda de noiva. Móstrase tremendamente agradecida polos tres anos que pasou traballando con ela, “un auténtico lujo”, di.  

Nesta edición estarán moi presentes as coleccións que empregan tecido sostible. Ese é o caso de Inés, que ensinará seus traballos acabados en tecido orgánico. “Para mi es una pasada, se asemeja tanto al algodón natural que me parece simplemente increíble. La primera vez que tuve este material en mis manos me sentí como si me hubiesen regalado oro”, aporta Inés Fernández.  

Tocados de “alta costura”  

A deseñadora Lucía de Gustín encargarase de realizar os tocados para a colección de Lalacó. Unha colaboración que se formalizou a última hora pero da que ambas están moi orgullosas xa que comparten a mesma esencia: a mestura de tradición, innovación e sostibilidade.  

Os tocados de Lucía de Gustín están feitos con impresión 3D e plástico biodegradable fabricado en España. “Las partes interiores normalmente las hacemos con ganchillo pero nos ha parecido interesantísimo la propuesta de hacerlo con encaje. Yo soy una enamorada de los bolillos, no sé hacerlos pero me encantaría aprender”, explica Lucía.


© by Abertal