O Concello

Departamentos

* Ana Cabranes repetirá un ano máis a súa presenza na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas 01/04/2019

Ana Cabranes repetirá un ano máis a súa presenza na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

·        A deseñadora asturiana participará neste evento, no que xa é veterana pero que considera “muy especial”. ·        Presentará catro conxuntos moi innovadores, que incluirán novos tecidos.  

A deseñadora asturiana Ana Cabranes perdeu xa a conta das veces que participou na Mostra do Encaixe de Camariñas, pero semella que é a primeira vez. Afronta como un reto o concurso e ten moita ilusión, como cada ano.  

Ana é unha devota do encaixe, e así o demostra coas súas composicións. O feito de combinar encaixe con tea é algo laborioso, pero “merece la pena”, coméntanos. “Año tras año tienes que acordarte de todo lo que has hecho, pero la inspiración con el encaje fluye como el agua”, apunta a deseñadora, natural de Gijón.  

“Asturias y Galicia son comunidades vecinas, y siempre es un placer acudir a este evento. La gente de Camariñas está muy involucrada con el encaje, y me fascina su modo de trabajo”, comenta Ana, cuxos traballos xiran en torno a como sacarlle partido a esta técnica.  

A artista séntese moi afortunada de poder acudir a este evento, e só ten boas palabras para Galicia, e máis concretamente para Camariñas. Coa súa participación, a deseñadora buscará sacarlle todo o partido posible ás súas pezas, confeccionando “entredoses” nas puntillas e incluíndo novas teas.


© by Abertal