O Concello

Departamentos

* APERTURA NOVAS LISTAS XUNTA DE GALICIA PARA CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL 26/03/2019

APERTURA NOVAS LISTAS XUNTA DE GALICIA PARA CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL

A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de marzo unha resolución pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais 

Creación de dúas categorías profesionais:
-      IV – 043 Xerocultor/a
-      IV – 044 Persoal de servizos xerais 

Ámbito territorial: agrupación de municipios

Titulación académica: 

- Xerocultor/a: estar en posesión ou en condicións de obter o título de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ou equivalente ou técnico/a de atención a persoas en situación de dependencia ou equivalente.

Persoal de servizos xerais: graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. 

Coñecemento da lingua galega: estar en posesión do Celga 3 ou equivalente 

Prazo: do 19 de marzo ao 30 de abril de 2019 

RESOLUCIÓN DO DOG:  
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190318/AnuncioCA01-110319-0001_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA PARA XERA-LA SOLICITUDE:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal