A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 25 de marzo as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Destinatarios / as:
- Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Prazo de inscrición:
- Do 26 de marzo ao 26 de abril de 2019 (inclusive)
Datas de realización das probas:
- Xuño 2019. As datas concretas publicitaranse a través do DOG e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.
As probas desenvolveranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As sedes e horarios publicaranse xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas
Contía das taxas de exame: 16,19 €. As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, logo da xustificación documental, estarán exentas do pagamento desta taxa.
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.
Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións:
- Preparalo pola vosa conta
- Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio.
- A través dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190325/AnuncioG0535-200319-0005_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
www.lingua.gal
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES:8:00 – 15:00