· A deseñadora viguesa comezou en 2008 no concurso de ‘Jóvenes Diseñadores’ e este será o seu terceiro ano como firma na Mostra.
A deseñadora viguesa Amaya Fernández participará na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que este ano alcanza a XXIX edición. Con esta, xa é a súa terceira participación consecutiva na Mostra, evento que a viu crecer desde o ano 2008, cando se presentou ao certame de ‘Jóvenes Diseñadores’.
Para Amaya “actualmente a Mostra é o mellor escaparate de moda que hai a nivel Galicia” e nesta edición presentará unha colección de traxes de noiva, a súa especialidade. Do encaixe como complemento opina que “é unha das partes máis importantes. Eu creo que é como a guinda do pastel, enriquece moitísimo xa que é unha cousa propia da nosa terra”.