O Concello

Departamentos

* Noriko Hashizume confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas 20/03/2019

Noriko Hashizume confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

·        A deseñadora xaponesa repetirá na Mostra por terceiro ano consecutivo.
·        Traerá unha colección de kimonos de verán con encaixe.  

O deseñadora xaponesa Noriko Hashizume, coa súa marca ‘Tamanori’, participará na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que este ano alcanza a XXIX edición. Con esta, xa é a súa terceira participación na Mostra, evento do que destaca o seu carácter interxeracional e a internacionalidade dos seus participantes.  

“Estoy muy agradecida y emocionada por ser invitada de nuevo a este maravilloso evento, me parece fantástico que personas de otros países y de diferentes generaciones puedan disfrutarlo”, explica.  

Noriko leva desde o ano 2001 deseñando kimonos con estampados modernos. Cada vez que sae de Xapón, compra teas e materiais feitos en outros países para incorporar ás súas creacións. Na Mostra descubriu que “los encajes de bolillos hechos en Camariñas favorecían mucho mis Kimonos”.  

Na XXIX Mostra do Encaixe presentará unha colección de kimonos para verán cun toque “sofisticado y femenino del encaje de Camariñas”. Ademais, como na anterior edición, durante a Mostra levará a cabo obradoiros de kimono no stand de Xapón para que os asistentes poidan coñecelos.


© by Abertal