O Concello

Departamentos

* Camariñas axudará aos seus veciños a presentar a declaración das patacas se a Xunta non asume este servizo 15/03/2019

Camariñas axudará aos seus veciños a presentar a declaración das patacas se a Xunta non asume este servizo

Desde Medio Rural informaron ao goberno local de que non ían a enviar persoal para asesorar aos particulares.  

O Concello de Camariñas quere tranquilizar aos seus veciños e veciñas e porá á súa disposición a axuda que precisen para presentar as declaracións dos cultivos de patacas que se están a esixir novamente desde Medio Rural este ano.  

Nos últimos días, o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, púxose en contacto coa Xunta de Galicia para consultar se ían a enviar persoal para axudar aos particulares a presentar os informes. A resposta dada desde a Consellería de Medio Rural foi que non era posible, indicando que os interesados deberían asistir ás oficinas agrarias de Baio ou Corcubión.  

Caamaño amosou a súa disconformidade e malestar ante esta actitude, xa que son moitos os veciños que van ter que volver a facer a declaración este ano e recordou que “o ano pasado fixeron falta 6 días para xestionar todas as consultas”.  

Así, e ante a negativa da Xunta, os veciños que queiran presentar as declaracións das patacas e precisen axuda poderán obtela na Casa do Concello ou na Casa de Pedra, onde poden pedir cita previa ou no teléfono 981 73 70 04. Deberán levar a declaración do ano pasado ou, en caso de non tela, o seu DNI e documentación das parcelas nas que vai cultivar.


© by Abertal