O Concello

Departamentos

* Entra a exposición pública o proxecto da senda peonil entre as praias de Area da Vila e Lingunde 13/03/2019

Entra a exposición pública o proxecto da senda peonil entre as praias de Area da Vila e Lingunde

·        Costas publicou no BOE o anuncio para atender as posibles alegacións.  

O proxecto para a construción dunha senda peonil entre Area da Vila e a praia de Lingunde está a piques de ser unha realidade. Onte, martes 12 de marzo, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba o anuncio de exposición pública do proxecto, un dos pasos previos e necesarios antes de que comecen as obras.  

Este anuncio vén a confirmar o compromiso acadado o pasado mes de outubro, cando o Xefe da Demarcación de Costas do Estado, Rafael Eimil, lle confirmou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e ao segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, nunha reunión mantida na Coruña, que se iba a levar a cabo o proxecto.  

Esta actuación servirá para continuar o paseo marítimo e unir a pé estes dous areais, que actualmente están separados por un saínte. Sandra Insua amosouse moi contenta por esta boa nova pero chamou á calma xa que “este é un paso importante para o proxecto pero a actuación non será inmediata, somos conscientes de que quedan prazos por cumprir”.


© by Abertal