O Concello

Departamentos

* Esteban Freiría confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas 13/03/2019

Esteban Freiría confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

·        O deseñador galego, afincando en Marbella, repetirá na Mostra por sexto ano consecutivo.
·        Traerá unha colección innovadora feita integramente con materiais e encaixe reciclados.  

O deseñador galego Esteban Freiría, nado en Vigo pero afincado en Marbella onde vive desde hai 20 anos, participará na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que este ano alcanza a XXIX edición. Con esta, xa é a sexta participación na Mostra, un evento para o que non ten máis que boas palabras.  

“La Mostra, desde el punto de vista de la organización del evento, para ser un pueblo tan pequeñito está muy bien. No solo la organización, si no el sitio, las pasarelas, la iluminación, los equipos de trabajo... Para mi gusto, está al nivel de otros desfiles internacionales en los que he participado y que creo que tendrían mucho que copiar a Camariñas. Es un sitio donde apetece volver a desfilar”, explica.  

Na XXIX Mostra do Encaixe presentará unha colección innovadora de alta costura para home e muller denominada ‘Pirincallo’ y fabricada integramente con materiais reciclados. “Ahí reciclo también encaje de otras colecciones, de regalos... Por ejemplo, con un saco de patatas voy a hacer un vestido. Las joyas que utilizaré, de Ana Freiría, se harán también con cobre reciclado”, destaca.


© by Abertal