O Concello

Departamentos

* Xornadas de Pinchos Saudables en Camelle, 15 ao 19 de marzo. 12/03/2019

Xornadas de Pinchos Saudables en Camelle, 15 ao 19 de marzo.

🍅 Os establecementos participantes son: Café-Bar A Molinera , PUB Marítimo, Bar Rotterdam, Bar O Estanco e Bar Paella. 🏩

A Farmacia de Camelle volcouse na organización desta actividade e promove hábitos de vida saudables.

Os cartóns para selar recolleranse nos establecementos participantes. 🥑 Por cada tapa, o bar asinará ou selará unha casiña neste cartón. Deberanse encher 5 casiñas con tapas de todos os bares participantes, recibindo unha Libretiña de Man (ata esgotar existencias)

🥕 O sorteo realizarase o 21 de marzo. Os resultados publicaranse na web e nas redes sociais do Concello de Camariñas. O Concello contactará coa persoa premiada para facer a entrega do bono premiado con 100 euros.


© by Abertal