O Concello

Departamentos

* A VIII carreira pedestre de Camariñas contará con 814 participantes 08/03/2019

A VIII carreira pedestre de Camariñas contará con 814 participantes

·        A proba, pertencente ao circuíto Correndo pola Costa da Morte, celebrarase este domingo, 10 de marzo.  

Outro ano máis a carreira pedestre do Concello de Camariñas continúa a ser das máis concorridas da comarca. Tras pecharse o prazo de inscrición confirmouse que nesta octava edición participarán 814 persoas na proba, que se levará a cabo este domingo, 10 de marzo, a partir das 10 horas.  

A carreira de Camariñas é a primeira parada do circuíto Correndo pola Costa da Morte e o seu percorrido atrae a unha gran cantidade de afeccionados a este deporte. Na proba absoluta son 10 quilómetros nos que os participantes gozarán das incribles vistas que ofrecen lugares como o Cabo Vilán co océano atlántico ao fondo.  

A saída terá lugar desde a Casa de Pedra e esta é a programación da proba:  

  • 10:00 FILA 0 (IMPORTE MÍNIMO DE 1€)
  • 10:15 ALEVIN (2008-2009)
  • 10:30 BENXAMIN (2010-2011)
  • 10:45 3K CONTRA O CANCRO (2003 E ANT.)
  • 10:47 INFANTIL (06-07), CADETE (04-05) E XUVENIL (02-03)
  • 11:30 PITUFO (2012 A 2016)
  • 12:00 ABSOLUTA 10K (2003 E ANT.)


© by Abertal