O Concello

Departamentos

* O estilista internacional Carlos Bardullas volverá sorprender na Mostra do Encaixe de Camariñas 14/02/2019

O estilista internacional Carlos Bardullas volverá sorprender na Mostra do Encaixe de Camariñas

·        Realizará un espectáculo visual no que presentará novos recolleitos escultóricos fusionados con puntilla.  

O estilista internacional Carlos Bardullas, volverá participar na Mostra do  Encaixe de Camariñas cun espectáculo visual no que presentará unha nova colección de recolleitos escultóricos nos que fusiona a puntilla de Camariñas con outros tecidos e materiais.  

Ademais do seu carácter innovador, os novos tocados escultura nos que  C. Bardullas xa está a traballar converteranse no fío condutor dun emotivo e fantástico relato da historia de Camariñas. Música, baile, luz e cor, serán os ingredientes dun orixinal show de estilismo, cuxo protagonista indiscutible será o encaixe e a súa historia.  

O perruqueiro, natural de Ponte do Porto (Camariñas), xa triunfou na pasada edición da Mostra cunha pasarela de peiteados realizados co tecido artesanal fusionado con diversos materiais, un total de 12 creacións que co título “Orgullo da Costa da Morte” quixeron render homenaxe á terra e ás xentes de Camariñas.  

Sistema  Ambidextra
 
E se os recolleitos escultóricos dérono a coñecer entre o gran público, nos círculos profesionais Carlos Bardullas gañouse a admiración por ser o creador do  “sistema  Ambidextra”, un método de corte con dúas mans, que modifica a estrutura do cabelo, incrementando ou reducindo o seu volume segundo o obxectivo desexado.


© by Abertal