O Concello

Departamentos

* Ampliación do horario de peche dos locais de hostalaría de Camariñas durante a campaña de Nadal 19/12/2018

Ampliación do horario de peche dos locais de hostalaría de Camariñas durante a campaña de Nadal

·        O Concello solicitoulle este cambio á Xunta de Galicia.  

O Servizo de Interior e Espectáculos Públicos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia deu o visto bo á solicitude do Concello de Camariñas para ampliar o horario de peche de todos os locais de hostalaría do municipio durante a campaña de Nadal 2018-2019.  

O goberno local realizou esta petición co obxectivo de que a veciñanza celebre as festas de Nadal, dado que son datas nas que o ocio nocturno comeza máis tarde. Así, ampliarase unha hora o horario de peche dos establecementos de hostalaría os días 21, 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro de 2018 e 4 e 5 de xaneiro de 2019.


© by Abertal