RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 17/12/2018
RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS
CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de decembro de 2018 pola que se realiza a primeira convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Convocadas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
- Servizos para o control de pragas SEA028_2
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
- Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA595_2
Requisitos:
- Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
- Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
- Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
- Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
- Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.
- Non estar matriculado /a nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
- Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita.
- Non estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
Prazo: Do 13 de decembro de 2018 ó 04 de xaneiro de 2019 (inclusive)
IMPORTANTE:
Aquelas
persoas que quedaron na lista definitiva de persoas en lista de espera da convocatoria publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016, na cualificación profesional de Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural,
NON teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación, só terán que formalizar o pagamento das taxas.
A partir do 13 de decembro a través da páxina web da consellería
http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.
ENLACE Á ORDE DO DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181212/AnuncioG0424-041218-0001_gl.pdf
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA:
http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.htmlOU CONTACTAR COA
ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00