Novas datas: do 16 ao 18 de novembro
O forte temporal que afectará a toda Galicia durante esta fin de semana obrigou ao Concello de Camariñas a aprazar as actividades programadas ata a fin de semana do 16 ao 18 de novembro.
Só se manterá para o sábado, 10 de novembro, ás 22 horas a Ofrenda floral aos náufragos da Costa da Morte e do Serpent que terá lugar no Cemiterio dos Ingleses e que correrá a cargo da Real Liga Naval Española, da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e do cura de Camariñas.
Por outra banda, o sábado ás 18 horas tamén se celebrará o Magosto na Praza do Mercado de Camariñas, que está organizado pola Comisión de Festas do Carme de Camariñas.
Nas próximas datas farase público o novo programa da ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ que se celebrará do 16 ao 18 de novembro.