O Concello de Camariñas inicia o seu ciclo de monólogos co bo humor de Touriñán, un dos mellores artistas galegos destes momentos.A actuación enmárcase dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.O Sábado 29 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Pedra xúntate con Xosé Antonio Touriñán, todo pode ir a peor.
As entradas podes collelas na biblioteca municipal a partir do mércores 19 de setembro.
Prazas limitadas.
O prezo son 3 euros.
Se tes nenos pequenos solicita o servizo de gardería.