A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre.
Prazas: 39 categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1
Prazo de presentación de solicitudes: 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG
Taxa dereitos de exame: 31.18 € (consultar na orde exencións e bonificacións no aboamento da taxa)
Requisitos das persoas aspirantes:
- Nacionalidade española
- Ter feitos os 18 anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima establecida no artigo 56.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015
- Estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres
- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico.
- Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B
- Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
- Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidos
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias dos corpos da policía local
MÁIS INFORMACIÓN: ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180713/AnuncioG0244-090718-0003_gl.pdf
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00