A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 27 de xuño unha resolución pola que se acorda a apertura dunha lista para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo V, categoría 003 (ordenanza e outras), en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
Ámbito territorial: agrupación de municipios
Requisitos:
- Certificado de escolaridade ou titulación equivalente
- Coñecemento da lingua galega: estar en posesión do Celga 2 ou equivalente
- Acreditar discapacidade intelectual
Prazo: do 28 de xuño ao 15 de xullo de 2018
RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180627/AnuncioCA01-200618-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA PARA XERA-LA SOLICITUDE:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00