O Concello

Departamentos

* FESTIVAL DO SOLSTICIO 20/06/2018

FESTIVAL DO SOLSTICIO

O CONCELLO DE CAMARIÑAS E A ASOCIACIÓN RECREATIVA LUMAREAS DE SANXOAN DE CAMARIÑAS ASINARON UN CONVENIO PARA CELEBRAR O PRIMEIROFESTIVAL DO SOLSTICIO

ANTECEDENTES:

O Concello de Camariñas leva tres anos organizando o solsticio de verán cada 21 de xuño.Realízase no Monte Farelo onde se levanta a capela da Virxe do Monte. É un lugar máxicoonde seguramente os nosos devanceiros, ao longo de milenios, honraron aos deuses pagáns ehoxe ao Deus cristián e a súa Virxe do Monte. É un lugar sagrado aínda para os que non crenna existencia da divinidade, xa que sobre o seu cumio están as pegadas de centos dexeracións de homes e mulleres que se emocionaron vendo como o sol debuxa un camiñodourado sobre as augas do Atlántico que, como dicía Castelao en Alba de Groria, tece aos pesdo monte “encaixe de Camariñas”.

O 21 de xuño é a noite mais curta e o día mais longo do ano. E alí reuníanse un grupo depersoas para, seguindo a tradición dos nosos devanceiros, despedir ao sol no seu camiño aoOccidente. Nos últimos tres anos o Concello de Camariñas fíxose cargo de organizar esteevento. Co apoio da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural no 2016 e no 2017 unhacompañía de teatro representou unha serie de ritos relacionados co cambio de estación e olume.

A Asociación Recreativa Lumareas de San Xoan de Camariñas leva 9 anos organizando afesta local “Lumarea da Vila”.

Realízase na noite do 23 e na madrugada do 24 de xuño ao igual que en moitos lugares deGalicia e España.

O lugar onde se realizan as actividades é no paseo marítimo da Area da Vila. Nela, desde haimáis de 15 anos, durante os días previos prepárase unha gran fogueira. O 23 de xuño polatarde realízanse xogos infantís, actuacións de baile tradicional e charangas e unha gransardiñada. Ás 00:00 do 24 acéndese a lumarea que dá paso a dúas actuacións de músicaactual sobre dous escenarios.

Ademáis nos últimos anos están levando a cabo unha recreación artística da fogueira. No ano 2017 recrearon o Castelo do Soberano, no 2016 recrearon o Faro Vilán e no 2015 unha granalmofada de Encaixe de Camariñas.

CONVENIO:

Ambos eventos están relacionados ca tradición celta que consistían en prender lumareasbuscando a bendición para as terras na noite máis curta do ano, o solsticio de verán. As dúasentidades consideraron aúnar esforzos e crear o FESTIVAL DO SOLSTICIO DE VERÁN.

O programa de actividades do festival será:

21 xuño: Solsticio, Monte Farelo

21:00 Cea campestre (cadaquén que traia a súa)
22:19 Ocaso e “Historias mariñeiras da Costa da Morte”, espectáculo teatral

22 xuño: Concerto, Area da Vila, a partires das 23:30 actuacións musicais de:

“Almánimal”
“Bastardos de Ribera”
“Heredeiros da Crus”

23 xuño: Lumarea, Area da Vila

17:00 Xogos infantís
19:00 “Escola municipal de baile galego”
20:00 “Charanga Mekánica”
20:30 Sardiñada con cachelos
00:00 Acendido da maior lumarea de Galicia
00:30 “Grupo Bomba” e “Impacto”


© by Abertal