¡¡¡ 1ª,2ª e 3ª QUENDA DE VELA SEN PRAZAS !!!
O Concello de Camariñas dispón para os meses de xullo e agosto dunha ampla oferta cultural e deportiva. Un autobús con paradas en Camelle, a Ponte do Porto e Xaviña achegará, de xeito gratuíto, aos participantes nos obradoiros cultural, multideportivo e multiaventura ao lugar de realización.
Será un verán inolvidable cunha perfecta fusión de mar (vela lixeira, kaiak, saídas as praias, xogos ) e terra (pequenas excursións en bus para coñecer o patrimonio cultural e natural do municipio, sendeirismo en bici, saídas BBT ).
Apúntate ao deporte, cultura e vida sana do Concello de Camariñas. É a mellor opción.