Os verdadeiros protagonistas das nosas letras foron os nenos e nenas que participaron coas súas creacións no Certame Literario Letras Galegas .
O Concello de Camariñas organizou este 17 de maio un acto no que premiou os traballos literarios realizados por alumnos de infantil, primaria e secundaria nas categorías de prosa e poesía. O acto estivo amenizado por Monicreques de Kukas e o seu espectáculo Xan Perillán e a maleta máxica.
Queremos agradecer tamén a participación dos mestres que formaron parte do tribunal. Abaixo desta nova deixamos unha recopilación das obras gañadoras. Noraboa!