O Concello

Departamentos

* ACTOS DELEGACIÓN BALEARES EN CAMARIÑAS 25/04/2018

ACTOS DELEGACIÓN BALEARES EN CAMARIÑAS

No último fin de semana deste mes de abril preto de sesenta persoas procedentes de Baleares visitarán Camariñas ocupando practicamente tódalas prazas hosteleiras da capital municipal.

Este colectivo está formado po lo coro de Mestres Cantaires da Universitat de les Illes Balears que darán un concerto na Casa do Alemán en Camelle, o domingo 29 ás 13 horas, e na igrexa parroquial de San Xurxo de Camariñas ás oito da tarde. Neste último concerto participará tamén o Coro Municipal de Camariñas.

Nesa mesma data inauguraranse dúas exposicións de artistas baleares no Museo Man de Camelle.

As exposicións son:

·        Ferrer Guasch, O pintor da luz de Ibiza, está formada por 6 cadros de este gran pintor.
http://www.ferrerguasch.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Ferrer_Guasch  

·        A segunda exposición 'Art per a la vida 2' reúne a obra gráfica de 62 artistas de Mallorca
https://www.youtube.com/watch?v=LdjT5u_om-U    

As exposición estarán en Camelle, grazas a colaboración da Consellería Cultura, Participació I Esports do Goberno de Baleares e do Institut d’estudis Baleárics.

A relación de Camariñas coas illas Baleares e cos seus artistas ven da catástrofe do Prestige onde milleiros de voluntarios procedentes das illas acudiron a limpar as costas camariñanas, e onde os seus artistas colaboraron cunha exposición e aportando o produto da mesma para a recuperación das nosas costas.

A presencia desta delegación, cargada dun forte simbolismo e dun profundo afecto entre Camariñas e Baleares, ten tamén unha repercusión económica notable para o sector hosteleiro local por cando, durante ese fin de semana, están practicamente reservadas tódalas prazas hoteleiras pola delegación balear.    

Para mais información:
Juan Carlos Canosa
661.957.042

Descargas relacionadas


© by Abertal