O servizo de orientacion laboral dos concellos de Camariñas e Vimianzo está a organizar en colaboración coa Cámara de Comercio a visita á Feira de Emprego que terá lugar o dia 1 de marzo na Coruña. Esta feira ofrece á mocidade desempregada contacto directo con empresas que buscan persoal para contratar nas que pode entregarse curriculum e mesmo facer entrevistas persoais. Tamen haberá seminarios, conferencias e obradoiros e asesoramento de profesionais de recursos humanos para mellorar as competencias persoais e o perfil profesionale da mocidade
As persoas interesadas en participar deben:
- Estar inscritas no programa de Garantía Xuvenil
- Presentar solicitude de inscrición asinada na Casa de Pedra de Camariña ou no Concello de Vimianzo presencialmente ou ao enderezo electrónico margarita.seijas@camarinas.net
A mocidade inscrita poderán ter un autobús gratuito de ida e volta ao recinto feiral. Tamén terán á súa disposición o servizo de orientacion laboral municipal para facilitar a confección dos curriculums e preparar as entrevistas persoais que desexen concertar na feira.
O Prazo para inscribirse é ata o xoves 22 de febreiro.
Máis información.
Servizo de Orientación Laboral 981 737 004.
A solicitude pode descargarse en www.camarinas.net