O Concello

Departamentos

* Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2018 16/02/2018

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2018

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2018.
 
Carnés profesionais:
-Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-Carné profesional de operador / a de guindastre torre
-Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
-Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
 
Habilitacións profesionais:
-  Operador / a industrial de caldeiras
-  Instalador / a de gas, categoría A
-  Instalador / a de gas, categoría B
-  Instalador / a de gas, categoría C
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
-  Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
-  Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
-  Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
-  Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados
-  Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
 
REQUISITOS:
-   Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
-   Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
 
TAXAS DE EXAME: 39,14 €

PRAZO:  Convocatoria ordinaria: Do 1 ó 14 de marzo de 2018
Convocatoria extraordinaria: Do 2 ó 13 de xullo de 2018

 
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180215/AnuncioG0164-080218-0007_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 9:00 – 15:00


© by Abertal