O Concello

Departamentos

* Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 07/02/2018

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 6 de febreiro de 2018, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.
 
Hai dúas modalidades:
-      Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
-          Cursos en teleformación: Celga 1 e Celga 4. (Consultar no DOG os requisitos técnicos de equipamento informático)
Para solicitar os cursos Celga 4 de teleformación será requisito indispensable o seguinte:
Ø  Se se trata os cursos destinados á poboación que reside en Galicia, a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos da provincia galega correspondente.
Ø  Se se trata do curso destinado á poboación que reside fóra de Galicia, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.
 
Prazo: 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
 
Para ver datas, lugares e horarios dos cursos presenciais consultar anexo II da resolución do DOG no enlace que se sinala máis abaixo.
 Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga). 

O curso presencial máis próximo é o que se vai desenvolver en Carballo (preparatorio Celga 3)

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-290118-0002_gl.pdf
 
 
MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.lingua.gal

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net


© by Abertal