O Concello

Departamentos

* LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 02/02/2018

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 31 de xaneiro de 2018 unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
 
Categorías: 

- Técnico / a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico / a superior en dietética e nutrición
- Técnico / a superior en documentación sanitaria
- Técnico / a superior en hixiene bucodental
– Técnico / a superior en imaxe para o diagnóstico
– Técnico / a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
– Técnico / a superior en radioterapia
– Técnico / a en coidados auxiliares de enfermería
– Técnico / a en farmacia
 
As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
 
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
 
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
 
RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180131/AnuncioG0003-240118-0001_gl.pdf
 
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selecci%C3%B3n-de-persoal-estatutario-temporal-no-%C3%A1mbito-do-Servizo-Galego-de-Sa%C3%BAde-e-entidades-p%C3%BAblicas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 15:00


© by Abertal