A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de xaneiro pola que se convocan as probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.
Requisitos das persoas aspirantes:
- Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2017/2018 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
• Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
• Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Prazos de matrícula:
- Convocatoria de maio: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos
- Convocatoria de setembro: do 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
Resolución do DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-110118-0001_gl.pdf
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 15:00