O Concello

Departamentos

* MERCA, RASCA E GAÑA EN CAMARIÑAS. CAMPAÑA DO NADAL EN COMERCIOS DO CONCELLO 30/11/2017

MERCA, RASCA E GAÑA EN CAMARIÑAS. CAMPAÑA DO NADAL EN COMERCIOS DO CONCELLO

A concelleria de Comercio e Turismo do Concello e a rede de comercio de Camariñas organizan de novo esta campaña no mes de decembro para incentivar as compras nos establecementos comerciais colaboradores. Dende o 1 ao 31 de decembro nas tendas participantes a clientela recibirá polas súas compras dende 20€ uns “rascas” que teñen premio seguro. A compra pode sair gratis.
 
40 establecementos comerciais de todas as parroquias do concello colaboran con esta campaña de Nadal. Dende tendas de calzado, encaixe, roupa e complementos, deportes, librerías, florerías, farmacias, electrodomésticos, froitas, fotografía e golosinas. 

Aproveita esta campaña. Merca e gaña en Camariñas. Pide coa túa compra o teu rasca con premio seguro na tenda participante.

Descargas relacionadas


© by Abertal