O Concello

Departamentos

* CAMARIÑAS EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS 24/11/2017

CAMARIÑAS EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

O Concello de Camariñas, a veciñanza, as empresas e as escolas uníronse a esta campaña promovida por máis de 70 Concellos galegos que ten como obxectivos:

o    Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal a través da coordinación entre concellos.

o    Implicar a toda a cidadanía nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas. 

o    Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.  

Mais de cen  entidades de Camariñas, entre empresas, asociacións, colectivos, clubs deportivos , centros educativos acolleron dende o primeiro momento esta iniciativa  e colocaron os carteis e camisetas divulgativas sobre a campaña.

A técnica de igualdade do Concello de Camariñas impartiu talleres de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero, tanto no CEIP O Areal como no CEIP Ponte do Porto. Os obradoiros foron dirixidos ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Visionáronse vídeos para aprender a distinguir patróns violentos e as distintas manifestacións de cada tipo de violencia. O alumnado de 3º e 4º elaborou ramiños de flores cun lazo cunha mensaxe significativa. O alumnado de 5º e 6º aprenderon mediante o xogo do “Pasapalabra Inclusivo” accións, conductas e sentimentos relacionados coa desigualdade e violencia de xénero e coa igualdade, respecto e non violencia de xénero. O Obxectivo dos talleres foi facilitar a prevención, detección e eliminación de manifestacións de violencia  substituíndoas por outras que demostren respecto e igualdade.

O luns 27, as 11:00 na praza do concello, haberá unha manifestación contra a violencia machista. Esta se trasladará ao pavillón municipal dependendo da meteoroloxía.

Descargas relacionadas


© by Abertal