O Concello

Departamentos

* Dependentes

Definicións de interese

- Autonomía: Capacidade de controlar, afrontar e tomar, por propia iniciativa, decisións persoais acerca de cómo vivir de acordo coas normas e preferencias propias así como de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
- Dependencia: Estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención ou de outra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de apoios para a súa autonomía persoal.
- Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD): As tarefas máis elementais da persoa, que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia, tales como: o coidado persoal, as actividades domésticas básicas, a mobilidade esencial, recoñecer persoas e obxectos, orientarse, entender e executar ordes sinxelas.

PROCEDEMENTO PARA O RECOÑECEMENTO DA SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

Requisitos:
1.- Atoparse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
2.- Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores a data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia esixirase a quen exerza a súa garda e custodia.
3.- Resida en Galicia na data de presentación da solicitude.

Solicitude e documentación:
-Solicitude (Anexo I)
-Copia compulsada do DNI/NIE
-Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI.
-Acreditación da persoa representante do solicitante, no seu caso.
-Certificado de empadroamento que acredite a residencia nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude.
-Certificado de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación de solicitude. Para o caso de menores de cinco anos, certificado de empadronamento que acredite a residencia de quen ostente a súa representación.
No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española deberán presentar certificado emitido polo Ministerio del Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos.
-No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido pola delegación do Goberno ou mediante a baixa consular.
-Informe de condicións de saúde (Anexo II)
-Informe social (Anexo III). emitido polo/a traballador social dos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante, e se é o caso do/a traballador social do sistema de saúde ou do/a traballador social dos servizos sociais especializados.
-Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra Comunidade Autónoma, se é o caso.
-Resolución de grao e nivel, se é o caso, cando sexa emitido por outra Comunidade Autónoma.
-Manifestación da persoa solicitante ou do seu representante, conforme ao punto nº 10 e 11 do modelo Anexo I da solicitude, da súa preferencia dentro do catálogo de servizos e prestacións do SAAD. No caso de solicitude de prestación económica para coidados no contorno familiar, certificado de empadroamento do coidador, así como declaración xurada do grado de parentesco que os une ou tipo de relación se non é a filial, conforme a punto 11 do modelo Anexo I da solicitude e DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidade.
-Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo Padrón Municipal.
-Declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme ao modelo Anexo I da solicitude, en cuxo caso non estará obrigado a presentar estes documentos.
-Declaración responsable acerca do patrimonio da persoa solicitante na que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico, de xeito que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial.(Anexo IX)
-Copia compulsada, de ser o caso, do DNI/NIE do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente do solicitante.Cando existan menores de idade que dependan economicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DNI.
-Declaración do IRPF, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas. (A autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme ao modelo Anexo I da solicitude, exime da obriga de presentar estes documentos), e declaración responsable do seu patrimonio (Anexo IX)

Teléfonos de Interese

Teléfono Social: 900 333 666


Ligazóns relacionadas

© by Abertal