O Concello

Departamentos

* Actividades


Actividades Realizadas do Programa Mulleres Significativas de Camariñas

Recollida de información e documentación coa poboación local [abril, maio e xuño 2005]

Recollida de información e documentación sobre as biografías de distintas mulleres: fotografías, cantigas, cartas, etc.

Obradoiro de igualdade de oportunidades [marzo e abril de 2005]

Realizouse un obradoiro de igualdade cos alumnos de 3º de ESO do I.E.S Pedra da Águía de Ponte do Porto.

Recollida de trece biografías co alumnado do I.E.S Pedra da Águía [abril 2005]

Realizouse unha recollida de biografías de mulleres significativas do noso concello co alumnado de 3º e 4º da ESO do I.E.S Pedra da Águía.

Curso “Igualdade de xénero, dinamización de grupos e desenvolvemento comunitario” [abril 2005]

Curso “Igualdade de xénero, dinamización de grupos e desenvolvemento comunitario”

Realizouse un curso de formación en igualdade para once mulleres do concello que logo participarían no percorrido do programa.





Colocación de urnas [abril e maio 2005]

Colocáronse catorce urnas nas distintas parroquias municipais co obxectivo de facilitar a participación e opinión da poboación local.

Realización Guía Mulleres Significativas de Camariñas [maio e xuño 2005]

Realizouse unha guía informativa con toda a documentación seleccionada plasmando nun documento escrito unha parte da historia oral e da situación actual do colectivo feminino.

Curso de “Maquetación e deseño” [xuño e xullo 2005 ]

Curso de “Maquetación e deseño”

Realizouse un curso de formación de maquetación e deseño que serviu para realizar a maquetación da Guía de Mulleres Significativas.






Exposición Itinerante [setembro e outubro de 2005]

Realizouse unha exposición itinerante coas fotografías das mulleres elixidas como as máis significativas.

Calendarios 2006 [decembro 2006]

Realizáronse dous tipos de calendarios, uns de mesa e outros de colgar, coas fotografías das mulleres significativas elixidas no programa.


© by Abertal