O Concello

Departamentos

* Presentación

CONTACTO

Casa de Pedra. Plaza de Insuela s/n 15123 Camariñas.
Teléfono: 981737004 – Fax: 981736199
Axente de desenvolvemento local: egonzalez.desenvolvemento@camarinas.net
Axente de emprego: mjimenez.desenvolvemento@camarinas.net   
Facebook: http://facebook.com/adlcamarinas

HORARIO

Horario de inverno: Luns a Venres, de 9:00 a 15:00.
Horario de verán: Luns a Venres, de 9:00 a 14:00.

Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) de Camariñas

Portada do Tríptico de ADL

A Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) de Camariñas ofrece os seguintes servizos:

• Asistencia técnica á creación de empresa: avaliación inicial, xeración e madureza da idea empresarial, Plan de Empresa, posta en marcha da empresa, axudas e subvencións, formación, bolsa de emprendedores.

• Asistencia ás empresas establecidas: axudas e subvencións, mellora da competitividade, formación, contratos, ofertas de emprego, asesoramento legal, financeiros, económico e en innovación e tecnoloxía.

• Actividades Formativas:
no Centro de Iniciativas, situado a carón do Centro de Saúde de Camariñas, o concello pon a disposición do empresariado, institucións e entidades un espazo axeitado para a realización de conferencias, reunións, cursos e outras actividades. Proporciónanse asemade cursos de novas tecnoloxías. Para facer uso das instalacións deberá cubrir este documento e facelo chegar ao responsable do centro, ben en man ou ben envialo a departamento.informatico@camarinas.net. Cubra esta ficha, e siga o procedemento anterior, para solicitar outros cursos que o concello pretende poñer en marcha nun futuro.

• Asistencia técnica ó sector artesán: carta artesán, obradoiros artesáns, marketing, axudas e subvencións, mellora da competitividade, formación, asesoramento legal sobre comercio exterior, novas tecnoloxías e control de calidade, información sobre feiras e exposicións.

• Asistencia a entidades e asociacións: axudas e subvencións, constitución de asociacións, formación.

• Deseño, organización, seguimento e avaliación de accións formativas: detección de necesidades formativas, captación de recursos, oferta formativa, Formación Ocupacional e Profesional para desempregados, activos, emprendedores, empresarios e colectivos específicos.

• Documentación e investigación: realización de estudos, informes e proxectos socioeconómicos, informes de mercado laboral e dos diferentes sectores económicos, apoio documental e de planificación para memorias, plans de accións e deseños de actividades de empresas, institucións, entidades e emprendedores, realización de soportes documentais e divulgativos.

• Información e tramitación de recursos para o desenvolvemento:
vivenda, enerxías alternativas, mellora do medio rural, cultural, medioambiental, axudas e programas da Unión Europea. 


Descargas relacionadas

Ligazóns relacionadas

© by Abertal