Teléfono: 981737234
E-mail:anamartinez.biblioteca@camarinas.net
Horario de inverno:
Luns a Venres
Mañá: de 10:00 a 14:00h
Tarde: de 15:30 a 18:30h
Horario de verán:
Luns a Venres
Mañá: de 8:00 a 14:00h
Catálogo online da biblioteca Municipal de Camariñas.
O 17 de maio de 1994, ano de Luís Seoane, foi inaugurada a Biblioteca Municipal de Camariñas na praza da Insuela desta localidade.
Actualmente conta con dous andares e 32 postos de lectura. Os fondos bibliográficos están distribuídos, á vista do usuario, en cinco seccións: infantil, xuvenil, adultos, hemeroteca e cómic. As tres primeiras ordenadas por materias: literatura, filosofía, psicoloxía, medicina, historia, xeografía, fotografía, ciencias sociais, dereito, ciencias naturais, gastronomía, decoración, mecánica, arte, etc.
Unha ampla oferta enciclopédica da conta da variedade temática que podemos atopar neste recinto. A subscrición anual a revistas como: National Geographic, Historia National Gegraphic, Cerna, Revista de Artesanía editada pola asociación galega de artesáns, A Nosa Terra e a dispoñibilidade diaria de xornais: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Mundo, El Ideal Gallego, La Región, La Opinión, informan da máis recente actualidade.
Conta ademais con materiais especiais: vídeos, DVD, casetes, CD-rom e diapositivas agrupados no apartado de audiovisuais.
Entre os servizos ofrecidos atópanse: lectura en sala, información bibliográfica, préstamo a domicilio, solicitude de adquisicións e diversas actividades de animación á lectura, contacontos e proxección de vídeos pedagóxicos e de entretemento.
No mesmo local atópase a OMIX Camariñas cun espazo para a exposición de revistas e folletos informativos sobre becas, ensino, traballo, familia, publicacións, cursos, premios, concursos, turismo, ocio e tempo libre. Infórmase ós mozos sobre temas do seu interese e establécense lazos de colaboración coas asociacións do Concello, axudando a tramitar subvencións e programando actividades conxuntamente.
Durante todo o ano, agás os meses de verán, calquera información sobre itinerarios turísticos, rutas de sendeirismo, mapas, guías e folletos de información do Concello poderán recollerse ou consultarse tamén na Biblioteca.