Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Técnico de deporte: fran.puga@camarinas.dicoruna.es
O departamento de deportes do Concello de Camariñas está encabezado polo Excmo. Sr. Alcalde, a Sra. Concelleira de Educación, Cultura, Deportes e Educación. Para desenvolver as diferentes actividades e escolas contrátanse a monitores-as especializad@s.
As actividades deportivas do Concello de Camariñas, como estrutura de Escola, naceron no ano 1994 coa escola de Balonmán e a escola de Judo. Nestes seguintes anos xurdiron a maiores escolas deportivas que tentan dar Servizo a diferentes idades e por iniciativas privadas o Club de Balonmán, As Baleas Fútubol Sala, o Club Balonmán Feminino Encaixe Camariñas.
A nivel municipal o número de actividades incrementáronse ás inicialmente propostas, actividades como, fútbol, Xoga e Fai Deporte, bádminton, iniciación ao patinaxe, iniciación á natación na piscina de Cee, O Mar na Escola, son actividades destinadas aos estudantes do Concello de Camariñas e que se levan a cabo nas diferentes instalacións deportivas muncipais. Para os maiores de 18 anos desenvolvemos actividades como ximnasia de mantemento.
No período estival desenvolvemos actividades máis vinculadas á natureza como iniciación á vela lixeira, actividades na praia como piragüismo e body board e campamentos urbanos; todas elas desenvolvense durante todo o verán.
Nestes anos, aínda que non era a proiridade na concepción das Escolas Deportivas, lográronse resultados deportivos en diferentes escolas como por exemplo na de balonmán que conqueriu o subcampionato galego en categoría xuvenil na tempada 2002-2003, clasificándose para o campionato de España e o cuarto posto de Galicia en categoría cadete na tempada 2001-2002, campionato de liga e copa en categoría xuvenil da zona da Coruña e Lugo ademais do quinto posto de Galicia na mesma categoría. O máximo representante desta escola é Víctor Vigo que xoga na ASOBAL e varios xogadores na 1ª división nacional. Noutros deportes como o bádminton, a parella de Francisco Pais e Nerea López conseguiron un meritorio 3º posto na súa categoría e en individual Nerea López, a tempada pasada, conqueriu o subcampionato galego escolar en categoría cadete.
A escola de judo con Sara Carballo tamén conqueriu o subcampionato galego escolar de judo no seu peso.
As actividades lévanse a cabo no:
Pavillón Municipal de Deportes sito na Avda/ Eugenio López, teléfono: 981 73 70 05,
Pavillón Polideportivo de Ponte do Porto, sito no Allo, s/nº con teléfono 981 73 04 19
Campo Municipal de Fútbol “Hermanas Patiño”.
As oficinas do departamento, están na Praza de Insuela nº 56 no edificio denominado Casa do Concello, co número de teléfono 981 73 60 00 e o número de fax 981 73 63 19.
Para conquerir cumprir cos obxectivos que veremos a continuación, o Concello de Camariñas pon a disposición d@s interesad@s un bus que @s despraza ás instalacións deportivas para participar das actividades, @s monitores-as viaxan ás diferentes parroquias onde se poden desenvolver diferentes actividades.
a) Involucrar máis ás nenas para que realicen actividades deportivas.
b) Xerar coñecemento de diferentes tipos de deportes (loita,raqueta,acuático...)
c) Facer medrar esa cultura deportiva tan nova que temos neste Concello.
d) Achegar o deporte a todas as idades.
e) Levar as actividades deportivas a todos os núcleos de poboación.
f) Incidir nos deportes na natureza
g) Relacionar deporte e saúde
a) Educar aos nenos/as na cultura do deporte.
b) Conquerir un coñecemento de diferentes actividades deportivas.
c) Conquerir o respeto dos nenos/as cara oas compañeiros e contarios.
O primeiro obxectivo marcado tanto a nivel político como ténico é o de
conquerir formar persoas e non grandes campións.
En definitiva a realidade técnica deste Concello é a búsqueda da tantas veces mentada Cultura Deportiva.