O Concello

Departamentos

* Presentación

CONTACTO

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004
Concelleira:  sandra.insua@camarinas.dicoruna.es
Asistente social: mariaperez.ssociais@camarinas.net
Psicóloga: anamartinez.ssociais@camarinas.net
Educadora familiar: alitrillo.ssociais@camarinas.net
Técnica de Igualdade: muller.ssociais@camarinas.net
Auxiliar administrativa: mariquintana.ssociais@camarinas.net

HORARIO

Horario de inverno: Luns a venres, de 8:00 a 15:00.
Horario de verán: Luns a venres, de 8:00 a 14:00.

Os SS.SS Comunitarios son o nivel máis próximo ao usuario e ao seu ambiente familiar e social, desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, integración e benestar das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

En Camariñas os servizos sociais implántáronse en agosto do ano 1985 e dende esa data fomos crecendo e mellorando pouco a pouco ata converternos nun departamento eficiente e amplo.

- Equipo profesional:
Asistente social
Psicóloga
Educadora familiar
Técnica de igualdade
Auxiliar administrativa
Seis auxiliares de axuda no fogar
Avogada

Areas de intervención:

As áreas de actuación defínense en función dos sectores de poboación e das problemáticas diferenciadas que se abordan en cada unha delas, sendo o seu carácter aberto a novos problemas sociais.

Familia, infancia e mocidade
Persoas con discapacidade
Persoas maiores
Muller
Drogodependencias
Migracións
Dependentes
Inclusión social

Programas:

· Programa de orientación, asesoramento e información: Informa ós cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como o asesoramento especializado sobre problemas sociais e a súa canalización, cando sexa necesario, ós servizos socias de atención especializada. Está dirixido tanto a individuos como a grupos, comunidades ou institucións.

· Programa básico de inserción social: procúrase valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situación de marxinación e exclusión social, aplicando tanto proxectos de traballo social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.

· Servizo de axuda no fogar (SAF): dirixido a aquel@s cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lle limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social, psicosocial e educativo, doméstico e técnico; e proporcionarlles a posibilidade de continuar no seu entorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente. As atencións son de carácter doméstico, social, persoal ou educativo.

· Servizo de intervención familiar:
apoio psicolóxico a todas aquelas persoas que se atopan ante unha situación que lles afecta psicolóxica e/ou fisicamente e que non saben cómo abordar. A atención psicolóxica vai dirixida a toda a poboación, nenos, adolescentes e adultos, e as problemáticas que se tratan son diversas: problemas de comportamento, problemas escolares en nenos e adolescentes, medos e fobias, ansiedade, estres, angustia, depresión, autoestima, problemas de sono, ira, agresividade, control de impulsos, dolor pola perda dun ser querido,...

· Servizo de educación familiar: é un servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das vosas necesidades, o benestar e a plena participación na comunidade. Dende este servizo oriéntase ás familias na educación dos fillos e fillas, sobre todo para como poñer límites e normas, como conseguir hábitos de sono, alimentación, estudio, como mellorar as relacións familiares, resolver conflitos e asesoramos sobre os recursos educativos e de apoio para a conciliación da vida laboral e familiar. Tamén mediamos e acompañamos ás familias para que participen nos diferentes recursos a súa disposición e realizamos actividades de grupo cas familias.

· Servizo de asesoramento xurídico:
tódolos mércores de 10:00 a 11:30 na planta baixa da Casa do Concello dispoñemos dunha avogada para asesorarnos en materia xurídica.

Sandra Insua Rial.
Concelleira Delegada de Servizos Sociais,
Igualdade e Promoción do Encaixe


© by Abertal