Organizada pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas en colaboración coa Fundación Laboral de la Construcción.
Destinatarios: Persoas desempregadas que conten con experiencia no sector da construción ou ben que aspiren a traballar nun futuro no dito sector, autónomos e autónomas do sector da construción, traballadores e traballadoras por conta allea do sector da construción.
Duración: 8 horas
Data: 28 de abril
Horario: 9:00 – 14:00 e 15:00 – 18:00
Lugar: Centro de Iniciativas empresariais (pegado ó centro de saúde de Camariñas)
É imprescindible preinscribirse e achegar a seguinte documentación orixinal na Casa de Pedra:
Concello de Camariñas [Orientadora laboral]
Casa de Pedra 981 73 70 04
Horario: Luns a venres: 8:00 – 15:00
Fundación Laboral de la Construcción (Arteixo)
981 64 14 38
A TPC é un documento mediante o cal se acreditan, entre outros datos, os seguintes: formación recibida polo traballador/a do sector en materia de prevención de riscos laborais, a súa categoría profesional e os períodos de ocupación nas distintas empresas nas que exerceu a súa actividade.
A TPC será obrigatoria a partir do 31 de decembro de 2011. É unha tarxeta que ten vixencia durante 5 anos.
Máis información sobre o Tarxeta profesional da construción (TPC)