O Concello

Departamentos

*Xornada de Prevención de Riscos Laborais e tramitación da Tarxeta Profesional da Construción (TPC)

1º Ciclo de formación que se establece no IV Convenio General de la Construcción. Aula Permanente.

A TPC será obrigatoria a partir do 31 de decembro de 2011.


Organizada pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas en colaboración coa Fundación Laboral de la Construcción.

Destinatarios: Persoas desempregadas que conten con experiencia no sector da construción ou ben que aspiren a traballar nun futuro no dito sector, autónomos e autónomas do sector da construción, traballadores e traballadoras por conta allea do sector da construción.

Duración:
8 horas
Data: 28 de abril
Horario: 9:00 – 14:00 e 15:00 – 18:00
Lugar: Centro de Iniciativas empresariais (pegado ó centro de saúde de Camariñas)

É imprescindible preinscribirse e achegar a seguinte documentación orixinal na Casa de Pedra:

  • Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta
  • DNI ou NIE
  • Desempregados/as: tarxeta de demanda de emprego
  • Traballadores/as por conta allea do sector da construción: última nómina
  • Traballadores/as autónomos/as: xustificante de pago de autónomos do último mes
A tódolos asistentes se lles entregará un diploma de realización da acción formativa.

Con esta xornada si se cumpren o resto de requisitos pódese tramitar a Tarxeta profesional da construción (TPC).

Información e contacto

Concello de Camariñas [Orientadora laboral]
Casa de Pedra 981 73 70 04
Horario: Luns a venres: 8:00 – 15:00

Fundación Laboral de la Construcción
(Arteixo)
981 64 14 38

Tarxeta Profesional da Construción (TPC)

A TPC é un documento mediante o cal se acreditan, entre outros datos, os seguintes: formación recibida polo traballador/a do sector en materia de prevención de riscos laborais, a súa categoría profesional e os períodos de ocupación nas distintas empresas nas que exerceu a súa actividade.

A TPC será obrigatoria a partir do 31 de decembro de 2011. É unha tarxeta que ten vixencia durante 5 anos.


Máis información sobre o Tarxeta profesional da construción (TPC)

Descargas relacionadas

© by Abertal